Por que che gusta esta profesión?
Por axudar á xente e porque che da unha estabilidade de funcionamento.
Que é o que máis che gusta do teu oficio?
Dentro do que é a policía tes moitas cousas e se non che gusta unha podes cambiar, así que non sei. Ademais pódeste mover por toda España.
Que foi o que menos che gustou facer?
Seguridade estática.
Tes algunha anécdota en especial que recordes do teu oficio?
Unha persecución duns que levaban un coche roubado pola autopista; ó final non os collemos.
Tiveches algún problema ou enfrontamento por ser muller?
Houbo quen non quixo traballar comigo por ser muller.
Paréceche un oficio duro?
Depende en que posto esteas, pero de momento, duro non me parece.
Que tiveches que facer para chegar a ser policía?
Preparar unhas oposicións ademais duns requisitos que pedían. Tes que facer unha proba cultural, logo se a pasas tes probas físicas e psicotécnicas, despois tes as últimas, a entrevista persoal e o médico, ó final é onde tes que presentar toda a documentación que che piden e xa te mandan á Academia de Ávila.
Non tes medo a que che poida pasar algo?
Non, é que se vas pensar niso é mellor que non traballes.
|