Kepa Acero: Ten vintecatro anos, é un surfeiro do País Vasco, músico e amante da praia. Déixase ver moito polo praia do Rodo en Pantín, onde conseguimos facerlle unhas preguntas. Aparte de ser moi bo surfista tamén toca moi ben a guitarra
PREGUNTAS:
1- Hai cousas na túa vida máis importantes có surf?
Si. Creo que hai cousas máis importantes co surf, e sen elas non se podería vivir. O surf é a miña paixón e o meu traballo, vivín momentos incribles viaxando e coñecendo diferentes sitios e culturas. Pero hai cousas máis importates co surf
2- O surf non o é todo
É o que che dicía. Por outra banda no meu caso como profesional, os que vivimos do surf, temos o perigo de vivir nunha burbulla onde parece que todo é surf. Case todo los días viaxando para campionatos, facendo fotos ... É como vivir nun soño
3- Cando non hai olas en que te entretés?
Hai moitas outras cousas que facer. Gústame aproveitar para facer algo de skate, ir ó cine, tocar a guitarra ou escoitar música. Pero sobre todo estar cos meus amigos e a miña familia
4- Gustaríache ser músico profesional?
Que va! O meu soño sempre foi ser surfista profesional. A música sempre me encantou pero nunca lle puxen tantas gañas coma ó surf. A música é unha afección que queda nun segundo plan
5- Aborreciches o surf algunha vez?
Si, sobre todo nas fases longas dos campionatos. Acabei canso algunha vez e coma se me fallaran as ideas para surfear, pero non canso moito tempo, pasados dous ou tres días xa volvo a coller a táboa e volta para a auga.
6- Onde prefires estar?
Gústame moito viaxar e conocer sitios, pero nós viaxamos demasiado e iso non é tan doado como aparenta. Ás veces, as cousas non che saen como quixeras e botas de menos a túa casa
7- Que é o que buscas en Pantín?
Vir a entrenar para WQS (World Quality Series) que se vai disputar nesta praia dentro de tres meses. Xa se ven nestas datas moitos foráneos na praia, e o nivel do surf vai medrando ano a ano
8- Que tes que mellorar?
Creo que teño que mellorar na parte física, ser máis competitivo para ás WQS, porque nadie agasalla nada nestas probas e non podes despistarte nin un segundo xa que te xogas nun día o traballo de varios meses
9- Tes algún defecto?
Son moi despistado
10- Tes algunha virtude?
Creo que sei rir de min mesmo
|