O luns 17 de outubro os alumnos do C.P.I Atios de Valdoviño fixemos unha especie de festival adicado ó día da pobreza.
Este acto comezou ás 13:00h do mediodía e acabou ás 13:30h aproximadamente.
Ben, digo que comezou a esa hora, pero iso non é verdade xa que detrás deste acto hai moitas horas de esforzo; primeiro para pensar que iamos facer e despois para levalo a cabo.
O festival adicariamolo ós nenos de Guatemala, xa que nos últimos meses sufriron moitas catástrofes e teñen dereito a ser felices coma nós o somos.Por todo isto, levouse tamén a cabo durante toda a semana unha campaña solidaria na que deberiamos aportar material escolar, de hixiene, roupa...que lles faríamos chegar xunto co noso apoio.
Chegado a hora, o que fixemos foi o seguinte:
1. Todos os alumnos baixaron cos seus profesores cara o patio da cafetería e fóronse colocando ó redor dos continentes que estaban debuxados no chan e que incluían fotos das últimas catástofes.
2. Tres alumnas de 4º ESO: Alexandra, Patricia e Jéssica leron unha carta feita polos alumnos do último curso de secundaria e que recollía o sentir de todos.
3. Fixemos a forma do Sol e demos voltas ó sentido das agullas do reloxo ó son dunha música tradicional dos cinco continentes.
A carta que fixemos e que posteriormente se leu, mandámoslla (xunto coas sinaturas) ós dirixentes do noso país para amosarlles a nosa disconformidade coa xestión que levan perante as desgracias e a súa pasividade ante as mesmas. Pretendiamos e non sabemos se o conseguimos, que os políticos de España reflexionasen sobre todo o que está a acontecer ó seu arredor e que polo menos intententasen colaborar para facer un mundo máis xusto e en paz.
|