Oh, gloriosa castaña!
Ti, que deixáche-lo teu
fogar de espiñas
para darlle calor e
sustento ós nosos antergos.
Ti, que ardiche na
fogueira para encher
o bandullo dos vivos
e purificar a alma dos mortos.
Ti, que te puxeches
Morena coa tenue
raiola de sol que
chegou ata a fraga.
Ti, que te viche destroada
polo ruín froito subterráneo
que chegou polo mar
falando con acento americano.
Ti, que tanto nos aliméntache,
permite que hoxe nós alimentémo-la túa honra
e que así,purificados co teu doce sabor,
poidamos celebrar aquí e agora, o MAGOSTO!
|