Este ano volveuse a celebrar o típico festival de antroido no CPI de ATIOS. Pero a festa non foi coma sempre, porque este ano a diferencia doutros, tódolas clases tivéronse que disfrazar dun oficio. A maioría dos nenos estiveron moi participativos, a festa estivo presente en tódolos membros do colexio, xa que, algúns mestres vestíronse tamén de de antroido. Os disfraces eran moi diversos, e algúns coma os máis pequenos botáronlle moita imaxinación e vestíronse de astronautas, tamén estaban moi simpáticos os que ían de pescadores. Pero ,sen dúbida, o que máis chamou á atención ó público foron os de cuarto da ESO co seu gran circo, cheo de simpatía e de actuacións ,o cal, non deixou a ninguén indiferente. Logo, tamén podiamos encontrar médicos, mecánicos, rapeiros, gogós, albañiles, pintores, abelleiros, avogados... todos eles, moi ben caracterizados e con ganas de moita festa.
A continuación do desfile todos pudieron disfrutar da degustación dos típicos doces do antroido .Para rematar, hai que dicir que tanto o desfile coma a organización e a colaboración de tódolos alumnos e pais foi excelente. Esperemos que o antroido que vén sexa igual de divertido.
|