O venres 19 de decembro celebramos o festival de nadal. Un día moi entretido e no que se fixeron moitas actividades.
Os alumnos de infantil cantaron e bailaron unhas cancións moi propias da época na cal estábamos e ,coma sempre, fixérono moi ben, pois creo que foron os que máis traballaron e máis interese puxeron nas súas actuacións.
Os máis pequenos de educación primaria tamén cantaron .Os dos ciclos superiores representaron unha peza moi significativa sobre árbores de nadal na que se reflexionaba sobre o feito de arrincar as árbores dos bosques para poñelos de adorno nas casas. Tamén fixeron unha obra dun rei que quería casar a súa filla cando ela non quería casar. Resultou unha obra moi simpática e amena.
O segundo ciclo de secundaria fixo unha escenificación moi orixinal: deron vida a unha árbore de nadal . Ían vestidos con túnicas marróns os que facían de tronco; con túnicas verdes os que representaban as follas e por último, no cume, un alumno ía vestido de vermello cunha estrela entre as mans. Ademais das teas tamén se empregaron bolsas de reciclaxe. A mensaxe era clara: coidar tamén os nosos bosques..
Todo o público presente, puido comprobar como ía agromando unha árbore de nadal. Mais o que sen dúbida resultou o máis orixinal... foi que cada alumno levaba unha lanterna forrada con papel de celofán de distintas cores, co que se pretendía imitar ás luces que adornan as árbores.
Durante toda a mañán, visitáronnos os reis magos e papa Noel .Trouxeron caramelos para todos e repartiron os premios das postais de nadal e das cabazas gañadoras no concurso que se fai tódolos anos.
Para finalizar, degustamos larpeiradas e despedímonos dos amigos ata a volta das vacacións...
|