O Parque da Natureza de Cabarceno non é un zoolóxico convencional nin un parque natural. É un espacio naturalizado pola man do home , a partir da beleza primitiva da sua paisaxe, sobre 750 hectáreas. Dunha antiga explotacion de ceo aberto.
O parque da Natureza de Cabárceno acolle a un centenar de especies e animais dos cinco continentes
En rexime de semiliberdade,que se distribuén en recintos
de grandes superficies onde coexisten unha ou varias especies.
No Parque da Natureza de Cabarceno a vida desenvólvese no ambiente máis natural posible para os animais que o habitan. Salvo a alimentación que se lles facilita, o resto das actividades están marcadas por casi total liberdade e instinto.
Practicamente todos eles desencadean peleas e loitas en época de cío polo control das femias e desde logo, salvo o instinto de supervivencia , o resto dos seus sentidos son tan salvaxes como na súa hábitat natural.
Na actualidade pola súa enorme calidade , as instalacions do Parque de Natureza de Cabárceno están entre as mellores valoradas polos organismos que vixían as condicions de vida dos animais.
O Parque da Natureza de Cantabria está concebido
con fins educativos, culturais,científicos e
recreativos,convertíndose nun dos maiores atractivos turísticos do norte de España.
Os máis de 20 km de estradas que surcan o parque, conducirán ós diferentes recintos, a través de marabillosos desfiladeiros, apacibles lagos e suxerentes figuras rocosas.
Ademais por todo o parque existen numerosas zonas de aparcadoiro e sendas que nos permiten descubrir rincóns de grande beleza.
Na miña opinión creo que o Parque Natural de Cabárceno é un lugar ideal para pasar o día en familia e creo que é un dos máis bonitos e no que os animais se adaptan axiña, xa que todo está preparado para eles.
REPTILARIO
No parque de Cabárceno os reptís tamén teñen o seu lugar.
En elaborados recintos climatizados amósannos o seu lado máis oculto.
As serpes venenosas máis temerosas do planeta (cobras,serpes de axóuxere,víboras xigantes...), e as tartarugas e lagartos máis singulares do mundo desveláronnos curiosidades da súa forma de ser.
|