Estaban tres presos no cárcere e preguntolle un a outro:
-¿Ti por que estás eiquí?
-Estou eiquí porque andaba paseando pola rúa, veu un coche lanzadísimo, saltei, rompín o parabrisas e metinme dentro. Dous anos por aplanamento de morada.
Di o outro:
-¡Bo! Iso non é nada. A min caéronme catro anos por algo moi parecido. ía paseando, veu un coche lanzadísimo, saltei, rompín o parabrisas, metínme dentro e saín por atrás. Aplanamento de morada e intento de fuga.
O outro preso dixo:
-Queixádesvos de vicio. Eu ía pola rúa, veu un coche lanzadísimo, saltei, rompín o parabrisas, metínme dentro, saín para fóra, quedei inconsciente e o señor do coche cravoume un machado na perna. Oito anos, aplanamento de morada, intento de fuga e posesión ilícita de armas.
|