UN cabalo branco
Espetado no campo
Ferrado dun pé
E cabalo non é.
(O arado)
Nunca estou quedo
Sempre ruxindo,
E se fora preciso
O mundo reviso.
(O vento)
Vento non fai,
Aire non turra,
¿que é esto
que me empurra?
(A borracheira)
Xan Pirillán
Dacabalo dun can;
O can era coxo
E tirouno nunpozo;
O pozo era frío
E tirouno nun río;
O río era brando
E tirouno nun campo;
O campo era duro
E rompeu o bandullo.
Ata o corenta de maio
Non te quites o saio.
Ata o corenta de maio
Non lle pidas pelas ó vello.
|