Altos castelos
Lindas xanelas
Abren e cerran
Sen ninguén nelas.
Altos palacios
Lindas ventas
Abren e cerran
Sen ninguén detrás.
Nesta cara de rebola
Hai unha fontela aberta
Un marco con dous furados
E duás fontes a dereita
Cando o neno está a chorar.
Altos castelos
Lindas xanelas
Abren e cerran
Sen ninguén nelas.
Altos palacios
Lindas ventás
Abren e cerran
Sen ninguén detrás.
Altas aradas,
Vacas raxadas,
Ollo formón
E boi renegón.
Curral redondo,
Vacas no lombo,
Mozo hermoso,
Can rabioso.
Curral redondo,
Gando miúdo,
Forza fermosa,
Can carrancudo.
Curral redondo,
Millo miúdo,
Moza bonita,
Can guedelludo.
Altas aradas,
Vacas raxadas,
Ollo formón
E boi renegón
Debaixo do pÃÂnguilli-pÃÂnguilli
Estaba o dúrmilli-dúrmilli
E veu o cómilli-cómilli
Comer ó dúrmilli-dúrmilli.
Caeu o pÃÂnguilli-pÃÂnguilli
E espertou ó dúrmilli-dúrmilli,
Que matou ó cómilli-cómilli
Que viña comer ó dúrmilli-dúrmilli
Limpé de catro pés
Quixo comer a limpé dun pé,
Pero limpé de dous pés
Tornou a limpé de catro pés
Para que limpé de catro pés
Non comese a limpé dun pé
1.- ollos, boca e narÃÂz
2.- ceo,nubes,sol,estrelas,lúa.
3.-debaixo dunha maceira con mazás estaba unha persoa durmindo e veu unha serpe para comer á persoa, caeu a mazá e espertou á persoa, que matou á serpe que viña comer á persoa
4.-unha cabra quixo comer unha col, pero unha persoa tornou a cabra para que a cabra non comera a col.
|