Dende o día 20 ata o 30 de setembro o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e de 1º de ESO asistirá a un curso de iniciación á vela de tres días no encoro das Forcadas.
O prezo da actividade é de 8 euros para pagar o bus dos tres días. O prezo está calculado en función do número de alumnos do curso.
A actividade inclúe o transporte en autocar ata as instalacións do clube náutico municipal, e a realización da actividade en sí. Irán acompañados dun profesor do centro e a actividade no encoro estará supervisada por monitores especializados en vela.
Os rapaces deberán levar bañador (se fai sol) ou roupa cómoda (chándal), calzado que se poida mollar, e unha cazadora ou chubasqueiro se fai mal tempo. Deben levar unha muda completa por si se mollan.
Esta actividade realizarase nas seguintes quendas:
- 20, 21 e 22 de setembro de 09:35 a 13:15 5º Educación Primaria
- 23, 26 e 27 de setembro de 09:35 a 13:15 6º Educación Primaria
- 28, 29 e 30 de setembro de 09:35 a 13:15 1º Educación Secundaria
|