|
VER Fotos
| NOME DA ACTIVIDADE: |
| |
PROXECTO RECOPADES, SENSIBILIZACIÓN PARA A BIODIVERSIDADE |
| OBXECTIVOS: |
| |
O obxectivo xeral do talleres é sensibilizar á poboación escolar sobre o valor dos recursos ambientais e culturais das súas localidades respectivas e o papel que desempeña esta valorización no desenvolvemento da sustentabilidade social e ambiental como motor dun desenvolvemento máis equitativo e duradeiro.
Obxectivos específicos
1.- Estimular valores de cooperación e solidariedade.
2.- Respectar os costumes e formas de vida diferentes
3.- Promover unha ética ambiental como ferramenta para achegarse à sustentabilidade social
4.- Promover o espíritu crítico e analítico das persoas participantes
5.- Poñer en valor os rasgos culturais propios.
6.- Coñecer outros xeitos de relación: co entorno, co consumo dos recursos.
|
| CONTIDOS: |
| |
1.- Diagnose da valoración do Patrimonio cultural e natural no seu eido local, pero orientado ao global.
2.- Posta en valor do patrimonio natural e cultural das comunidades.
3.- Alternativas locais ao modelo económico hexemónico de sobreexplotación dos recursos.
4.- Deseño e presentación pública dos principios éticos reflexados através dunha carta do futuro.
|
| ACTIVIDADES PREVIAS |
| |
Ningunha |
| CURSO/IDADE RECOMENDADA |
| |
3º ESO (14-15 anos) |
| PROGRAMA DE ACTIVIDADES |
| |
1ª SESIÓN
1) Presentación dos/as participantes. Para elo cada un de nós realizaremos a nosa presentación dicindo o noso nome e onde vivimos. Para lembrarnos de todos os nomes (sobre todo os formadores) faremos un carteliño co noso nome e un debuxiño que nos caracterice.
2) Presentación do proxecto: o contexto, obxectivos, resultados, forma de desenvolver as sesións e solicitude de colaboración e participación.
3) Introdución aos conceptos Desenvolvemento sostible e Cooperación. Para levar a cabo este exercicio, basearémonos nunha chuvia de ideas, onde cada participante dirá palabras con cada unha das letras dos conceptos que estean relacionadas co tema. Coas palabras resultantes intentaremos
construír unha definición. A continuación presentaremos a definición formal de Desenvolvemento sostible e Cooperación.
4) Para potenciar o concepto de cooperación relacionado con desenvolvemento, levaremos a cabo unha dinámica denominada “Realidade Norte Sur” que ten como obxectivo entender as relacións dos países do norte cos do sur. Trátase de construír muíños de papel con diferentes elementos que se repartirán de forma non equitativa e eles teñen que conseguir todos os compoñentes para fabricar o seu muíño.
5) Conclusións: recolleranse todos os resultados da sesión que se plasmarán o último día na redacción da Carta do Futuro.
6) Conexión a través de skype cos rapaces e rapazas de Puerto Madryn para que fagan o primeiro contacto, comuniquen que van a redactar a Carta do Futuro. Na última sesión, realizarase unha nova conexión polo skype para que intercambien as cartas do futuro.
7) Avaliación da sesión por parte de cada un dos participantes.
8) Dar indicacións e preparar a actividade da próxima sesión
2ª SESIÓN
1) Análise do patrimonio social e ambiental. Para elo os grupos creados na sesión anterior expoñerán o seu traballo de investigación arredor dos temas que se expuxeron e con un listado de cuestións sobre as que tiñan que recoller datos, información, fotografías, relatos, etc.
Os temas que se propoñen son os seguintes:
_ Contaminación
_ Explotación dos recursos
_ Conservación do medio ambiente
_ Aproveitamento da enerxía
_ Consumo responsable
_ Posta en valor da cultura local
_ Aspectos sociais da súa localidade: a emigración/inmigración, o emprego, as desigualdades, xénero
2) A continuación e despois das exposicións, realizarase un Mapa das emocións: que sentiron ao atoparse con esa información, que lles trasmitiu?
3) Reflexión e proposta de solucións: Que podo facer eu? Que pode facer a miña familia? Que se pode facer no centro escolar? Que se pode facer no concello?
4) Repartirase unha enquisa sobre sustentabilidade no fogar para que a leven as súas casas e a cubran cos seus país, irmáns…
5) A continuación proxectarase o vídeo “A ilha das flores” (20 min) (axeitado para alumnos de 3º ESO).
6) Conclusións e avaliación da sesión
3ª SESIÓN
Sesión dedicada a realizar entrevistas sobre uns temas de interese: comercio xusto, soberanía alimentaria, pesca responsable…….
Para elo, na primeira parte da sesión, veremos como realizar e preparar unha entrevista e facer un guión de preguntas para facerlles aos invitados.
Na segunda parte da sesión, teremos a presenza de invitados (2 ou 3) coñecedores dos temas que se propoñan. Terán un tempo de exposición de 15 minutos cada un e despois os alumnos realizarán as preguntas para completar a entrevista e preparar unha noticia.
Esta noticia será publicada na revista do colexio, na web, etc (se as hai).
Conclusións e avaliación da sesión.
4ª SESIÓN
Sesión dedicada á preparación da Carta do Futuro. Dispoñemos de todas as conclusións resultantes das sesións anteriores.
Trataremos de facer unha estrutura da carta e de ordenar os contidos.
Unha vez rematada, conectarémonos ao skype cos compañeiros/as de Puerto Madryn para ler a nosa carta e escoitar a súa. Faremos o intercambio de ámbalas dúas cartas a través do correo electrónico.
A última sesión xa será asistir ao pleno do concello para ler a nosa Carta do Futuro e pedir compromiso por parte de todos.
Por último enviaremos a carta a ANPA do CPI ademais de levala todos para as súas casas. A carta editarase en tamaño cartel para colocar no centro escolar. Sería aconsellable, e sempre que os profesores se comprometan, a facer unha exposición dos temas tratados e da carta diante dos demais alumnos do centro, como un modo de continuar coa sensibilización e a comunicación.
|
| ALUMNADO POR CURSO |
| |
3º ES |
| TEMPORALIZACIÓN |
| |
8 sesións DE 50´ |
| DATA DE SAIDA |
| |
0000-00-00 |
| DATA DE REGRESO |
| |
0000-00-00 |
| PRECIO ACTIVIDADES |
| |
0 € |
| PRECIO TRANSPORTE |
| |
|
| PRECIO TOTAL |
| |
0 € |
| MATERIAL RECOMENDADO |
| |
Ningún |
| TELEFONOS DE CONTACTO: |
| |
690816785
FAX: 981142544
|
| DIRECCIÓNS: |
| |
Rúa Juan de la Cierva, 26 – 1º |
| GUÍAS E FOLLETOS: |
| |
Unidade didáctica: “A pesca artesanal”
Proxeto de sensibilización-comunicación en sostibilidade social e ambiental
|
| PÁXINAS WEB: |
| |
www. fundacionlonxanet.org www.lonxanet.com |
| BIBLIOGRAFÍA: |
| |
|
| MATERIAIS DE CONSULTA: |
| |
|
| PROFESORADO ACOMPAÑANTE |
| |
Antonio Cebreiro, Alejandro Cadarso , Marina, David Eiroa, Rita Pesqueira (Bióloga), Elvira Rubiáns (Pedagoga), José Expósito (Biólogo) |
| LISTA DO ALUMNADO |
| |
3º ESO A
Aneiros Castro, Isabel
Brandeiro Díaz, Manuel
Casariego Pita, David
Dopico González, Ana Belén
Fernández García, Inmaculada Concepción
Ferreira Gutiérrez, María
Freire Couce, Iván
Gómez Celeiro, Luis
González González, Aarón
Graña González, Antía
Gutiérrez Pérez, Ricardo
Hermida Gómez, Yolanda
Ismail García, Omar
Lagoa Fraga, Patricia
López Bouzamayor, Sara Aitana
López Castro, Cristian
López Lourés, Aitana
López Riveira, Samuel
Rey Senra, Cecilia
Rodríguez Rodríguez, Cristina
Van Egmond Gómez, Jacqueline
Vilar López, María
3ºESO B
Gómez Celeiro, Carlos
López Camarasa, Miriam
López Puentes, Jessica
Martínez Fernández, Luis Miguel
Pérez López, Daniel
Rodríguez Rodríguez, Juan José
|
| ORGANIZA A ACTIVIDADE |
| |
DPTO. CIENCIAS NATURAIS |
|
|