Como podedes comprobar, é do noso máximo interrese coñecer a vosa opinión para saber se estades satisfeitos co centro, en xeral, e con diversos aspectos concretos, en particular.
Para contestar é suficiente que risques cunha cruz o número que se corresponda coa vosa valoración nunha escala de 0 a 10, na que o 0 indica que non estás nada satisfeito/a e o 10 que estás moi satisfeito/a. No caso de non ter unha opinión formada ó efecto, podes marcar ns/nc (non sabe/non contesta).
Por último, lembra que para que poidas contestar con liberdade e coa máxima sinceridade, a enquisa é anónima, polo que non debes poñe-lo teu nome nin sinais de identificación.
Grazas pola túa colaboración. |