A festa máis importante do municipio é a Romaría
da Franqueira, que se celebra a finais de maio ou principios de xuño.
O día antes da romaría adórnanse as santas e
o santos das diferentes parroquias de Mondariz. Ó día
seguinte cada unha das parroquias leva a pé a súa imaxe
ó Santuario de Santa María da Franqueira en peregrinación.


Unha
vez alí, celébranse unha misa en honor á Virxe
da Franqueira.
A continuación a xente descansa deitada nas carballeiras ó
carón dunha boa empanada e unha taza de viño.
Despois de comer, e descansar un anaco os santos volven cada unha
para a súa parroquia, pero non antes de facer unha parada no
"Carballo da Armada", carballeira da parroquia de Queimadelos,
onde a xente baila ó son dos gaiteiros e descansa da longa
xornada.

Carballo da Armada
Finalmente as santas e os santos despídense facendo reverencias
mutuas e a xente acompáñaos de volta cara as súas
parroquias.

Saúdos
de despedida dos Santos
|
|