Rúa de San Roque s/n
32226 San Roque de Crespos (Padrenda) OURENSE
cpi.padrenda.crespos@edu.xunta.es
Telf-fax: 988 49 47 48

PRIMARIA

ÁREA DE EDUCACIÓN FÍSICA

 

 

OBXECTIVOS XERAIS DE ETAPA

 

 

•  Coñecer e apreciar o propio corpo e contribuir a ó seu desenvolvemento, adoptando hábitos de saúde e calidade de vida.

•  Actuar e desenvolverse con autonomía nas súas actividades habituais e nas relacións cos grupos ós que pertenece (familia, escola, grupo de iguais, barrio ou vila), recoñecendo as súas propias posibilidades e limitacións e desenvolvendo un adecuado nivel de autoconfianza e autoestima.

•  Colaborar na planificación e na realización de actividades grupais, aceptando as normas e as regras que democráticamente se establezan, articulando os seús obxectivos e intereses cos dos outros membros do grupo, respetando puntos de vista distintos do propio e asumindo as responsabilidades que lle corresponden.

•  Establecer relacións equilibradas e constructivas cas persoas con que interactúan en situacións sociais coñecidas, comportándose de manera solidaria e rechazando discriminacións basadas en diferencias de sexo, clase social, creenzas, raza e outras características individuais e sociais.

•  Apreciar a importancia dos valores básicos que rixen a vida e a convivencia humana e obra de acordo con eles.

•  Comprender e establecer relacións entre feitos e fenómenos do entorno natural e social, valorando a interacción entre ambos, como elemento que inflúe na calidade de vida, e contribuir activamente, na medida das súas posibilidades, á defensa, conservación e mellora do medio ambiente.

•  Coñecer, apreciar e disfrutar o patrimonio cultural, participando na súa conservación e mellora e respetando a diversidade lingüística e cultural como dereito dos pobos e individuos a súa identidade, desenvolvendo unha actitude de interés e respeto cara o exercicio de este dereito.

•  Comprender e producir mensaxes orais e escritos en galego e en castelá, atendendo a diferentes intencións e contextos de comunicación, así como comprender e producir mensaxes orais e escritos sinxelos e contextualizados nunha lingua estranxeira.

•  Comunicarse utilizando medios de expresión verbal, matemática, corporal, visual, plástica e musical, desenvolvendo a sensibilidade estética, a creatividade e a capacidade para disfrutar das obras e manifestacións artísticas.

•  Identificar e formular interrogantes e problemas a partir da súa experiencia diaria, utilizando tanto os seús coñecementos e os seus recursos materiales como o seu alcance como a colaboración ou a axuda de outras persoas para resolverlos de forma creativa.

•  Levar a cabo tarefas e actividades tendendo a evitar a aceptación irreflexiva das informacións e opinións que se lle transmiten na escola ou fora dela, aplicando criterios propios e razonados e valorando o esforzo e responsabilidade na súa realización.

•  Utilizar, nun contexto de resolución de problemas, os procedementos para obter a información pertinente, seleccionala, organizala, representala mediante códigos e tomar decisións, así como levalas a cabo anticipando e planificando as condicións materiais e temporais necesarias para a súa realización.