Lucía e o sexo
 
INTRODUCIÓN

Lucía está sentada na súa habitación. Parece preocupada. Xa leva un tempo estraña pero agora é distinto. A regra tiña que virlle fai unha semana e non aparece. Hai cousa dun mes tivo a súa primeira relación sexual completa. Sinte bombear o sangue nas veas da cabeza. A simple posibilidade de estar embarazada tena bloqueada. Son as cinco da tarde dun día gris de novembro, fóra chove e fai frío; na radio, como se fose unha premonición, sona unha canción de Sergio Dalma...(“Ave lucía, el predictor se pinta de rosa en tu cuarto de baño, y te dice que vas a ser madre a finales de mayo...). Un calafrío percórrelle o corpo e rompe a chorar. Non pode aceptar a posibilidade de ter un fillo agora, con 16 anos; agora non, e menos este... o colexio, os seus pais, a viaxe a Londres do verán, Deus...decide chamar a Uxía, a súa mellor amiga, a ver se a ela se lle ocorre algo. Lucía non pode pensar, se segue así vai estoupar. E esa maldita canción non se que quita da cabeza...(tu novio de noches secretas se ha vuelto enemigo, hace unos días, vaya ironía...) Se aínda fose dun noivo, de Carlos...

Os próximos días non van ser fáciles de esquecer para Lucía e os seus amigos. Nesta webquest que conta a súa historia, trátase de que elixas personaxe, te metas na súa pel e reproduzas as súas experiencias. De paso terás que poñer en práctica as túas dotes de investigador, non só para obter a maior cantidade de información posíbel sobre un tema que che convén coñecer como é o mundo da sexualidade e afectividade, senón que terás que descubrir o gran segredo que atormenta a Lucía...

   
   
Webquest elaborada por Juan José Guillín Fraga con