::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
O CPI San Sadurniño foi seleccinado para realizar un proxecto TIC
Dez centros galegos participan na incorporación das novas tecnoloxías na educación
xestionweb / mércores 27 de setembro do 2006
 
O proxecto no que participa todo o profesorado trata de implicar a toda a comunidade escolar e supón un incremento notable de recursos tecnolóxicos.

Publicado no DOG:

Orde do 11 de setembro de 2006 pola que se resolve a convocatoria de axudas para a realización de proxectos de innovación educativa para a incorporación das tecnoloxÍas da información e a comunicación á educación para o curso 2006/2007. A ConsellerÍa de Educación e Ordenación Universitaria, pola Orde do 22 de maio de 2006, convocou axudas para a realización de proxectos de innovación educativa para a incorporación das tecnoloxÍas da información e a comunicación á educación para o curso 2006-2007 e se aproban as súas bases de concesión.

Segundo o disposto no artigo 7.1º da orde da convocatoria, constituÍuse a comisión de selección, que, unha vez estudadas as solicitudes presentadas, emitiu, con data do 31 de xullo de 2006, unha proposta provisional de resolución. Transcorrido o prazo previsto para a presentación de alegacións contra esta proposta provisional reúnese novamente a comisión e, con data do 7 de setembro de 2006, levantou acta da proposta de concesión de axudas, que elevou á conselleira para a súa aprobación e publicación no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, a ConsellerÍa de Educación e Ordenación Universitaria DISPÓN: Artigo único.
- Conceder as axudas para a realización de proxectos de innovación educativa para a incorporación das tecnoloxÍas da información e a comunicación á educación para o curso 2006/2007, aos centros e coas dotacións que se relacionan no anexo a esta orde. Disposición derradeira Esta orde entrará en vigor a partir do dÍa seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2006. Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO Centros seleccionados:

Nome do centroLocalidadeProvincia
IES Aquis Celenis Caldas de ReisPontevedra
CPI San SadurniñoSan SadurniñoA Coruña
IES Pazo da MercéAs NevesPontevedra
IES Lamas de CasteloCarnotaA Coruña
IES Agra de OrzánA CoruñaA Coruña
IES Nosa Señora dos Ollos GrandesLugoLugo
IES Carballo CaleroFerrolA Coruña
CEIP ArzúaArzúaA Coruña
CEP RedondelaRedondelaPontevedra
IES de CelanovaCelanovaOurense

Dotación e apoios que recibirá cada un dos centros seleccionados:

- Un kit multimedia composto por un encerado dixital interactivo, un proxector e seis ordenadores portátiles, que se enviará no primeiro trimestre do curso académico 2006-2007.

- Dotación económica de 1.000 €.

- Formación en TIC e asesoramento para o profesorado do centro para un mellor aproveitamento dos recursos informáticos e da súa incorporación á docencia.

- Un espazo web para facilitar a creación e organización de materiais e recursos educativos por medio das tecnoloxÍas da información e da comunicación.

- A difusión das experiencias a través da rede e a publicación dos materiais educativos producidos.

Podes descargar o proxecto en formato PDF.


proxecto TIC do noso centro

Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft