::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
Elaboración dunha sobremesa saúdable en 3º de primaria
Crema de limón
Primaria / xoves 18 de xaneiro do 2007
 

Os alumnos de 3º de primaria, dentro do programa PLAN VALORA , elaboraron unha crema de limón . A receta da mesma é: Ingredientes para 6 ou 8 persoas
 12 iogures naturais
 1 bote de leite condensado (740 gramos)
 O zume de 3 limóns ou máis ( segundo o gusto)
 Opcional :rela de un limón

Modo de facelo:

Poñer tódolos ingredientes nun recipiente e bater. Engadir máis ou menos leite condensado e limón segundo o gusto. A rela de limón pode mesturarse cos demais ingredientes ou poñer un pouquiño enriba para adorno.


Expremendo os limóns
A profesora expreme os limóns para a crema.
Antón botando os iogures
Os nenos botan os seus iogures no recipiente
Botando o zume
A profesora bota o zume no recipiente
Abrindo o bote de leite
A profesora abre o bote de leite condensada para mezclar no recipiente.
Batendo os ingredientes
A profesora bate a mezcla.
Xa se vai mezclando
Xa se está a mezclar o leite co zume.
A mezcla vai feita
Xa está acabando de batir.
A profesora dalle a crema a Marta
A profesora enche os recipientes de crema de limón para cada alumno.

Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft