::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
Escritores do mes - Febreiro
Biblioteca / mércores 21 de febreiro do 2007
 

Principiar un traballo, calquera que sexa, non é fácil, posto que sempre se sente o temor ao descoñecido. Ese mesmo que nos aflixe en momentos fundamentais da existencia, como por exemplo nos exames. É o que algúns teñen chamado o temor á folla en branco ou a falta de coñecementos, claro!... AsÍ que, despois de darlle voltas e voltas e decididos a non demorarnos máis, semellounos máis sinxelo inaugurar esta sección, dedicada a lembrar a un escritor ou escritora mensualmente, cunha antoloxÍa de textos sobre o amor. Por que non celebrar o San ValentÍn con palabras fermosas e emocións sinceras ou palabras sinceras e emocións fermosas? Non é peor celebración que outras... e ata pode que aforres cartos!

JPG - 36.9 KB
El mañanero - L. Castellanos Valui

A amizade protexe e o amor cura
o odio contaxia e fire
a indiferencia mata.

LOIS PEREIRO, PoesÍa última de amor e enfermidade

Medio abrazados, sonrientes,
buscaremos la cordura,
aunque somos diferentes
cual dos gotas de agua pura.

WISLAWA SZYMBORSKA, Llamada al Yeti

Eu xa te busquei
cando o mundo era unha pedra intacta.
Cando as cousas buscaban os seus nomes,
eu xa te buscaba.

CELSO EMILIO FERREIRO, O soño sulagado

Llena, pues, de palabras mi locura
o déjame vivir en mi serena
noche del alma para siempre oscura.

FEDERICO GARCÍA LORCA

Aos teus beizos frorecidos,
pombal de verbas amantes,
fan romaxe os meus amores
silandeiros e arelantes.

L.AMADO CARBALLO, Proel

Ya no la quiero, es cierto, pero tal vez la quiero.
Es tan corto el amor, y es tan largo el olvido.

PABLO NERUDA, Veinte poemas de amor y una canción desesperada

Esa lúa nevada, amor, que do teu corpo
medra coa noite sober das cumes dos meus ollos!

ÁLVARO CUNQUEIRO, Dona do corpo delgado

Comecemos a nosa viaxe polo amor e a literatura sen temer a Lexistróns nin a CÍclopes nin ao fero Poseidón, como nos recomendaba o poeta Cavafis no seu poema “Itaca†. É por certo, da escuma do mesmo mar que baña as costas de Itaca -do que fora recollida nunha cuncha de vieira- dicÍan os gregos que nacera, Afrodita (a Venus romana) deusa do amor e nai de Eros (o Cupido romano), aquel neno alado que disparaba as súas frechas de amor para ferir a deuses e homes. Érache esta unha deusa algo namoradeira que tivo grandes amores, como por exemplo o prÍncipe troiano Anquises, con quen procreou a Eneas, o heroe fundador de Roma cantado por Virxilio na Eneida. AÍnda que, polo que parece o seu verdadeiro amor foi Adonis, que morreu corneado por un xabaril, que dicÍan era... En fin que nos estamos ensarillando demais e cómpre comezar. Ademais se che interesan estas historias mitolóxicas podes acudir á biblioteca onde atoparás moita máis información no libro Os deuses do Olimpo de Matilde De Cal Cortina e José Manuel Bértolo Ballesteros.

Non é probable que Afrodita invitase a súas amigas a bailar para celebrar o amor, como facÍa unha doncela nesta cantiga de Joán Zorro alá a finais do século XIII... Ou poida que si, porque no seu séquito figuraban tres mozas moi cantareiras e bailareiras, As Cárites, tamén chamadas Grazas.

Bailemos agora, por Deus, ai velidas,
so aquestas avelaneiras frolidas
e quen for velida como nós, velidas,
se amigo amar,
so aquestas avelaneiras frolidas
verrá bailar.

Bailemos agora, por Deus, ai loadas,
so aquestas avelaneiras granadas
e quen for loada como nós, loadas,
se amigo amar,
so aquestas avelaneiras granadas
verrá bailar.

Máis certos estamos de que a nosa amorosa deusa si se identificarÍa coa garza guerreira da que nos fala nesta cantiga en castelán o poeta portugués Gil Vicente (1465-1536).

Halcón que se atreve
con garza guerrera
peligros espera.

Halcón que vuela
con garza a porfÍa
cazarla querÍa
y no la recela.

Mas quien no se vela
de garza guerrera,
peligros espera.

La caza de amor
es de altanerÍa:
trabajos de dÍa
de noche dolor.

Halcón cazador
con garza tan fiera,
peligros espera.

Algún trasno pillaban, perdido por aquÍ, anda a apuntar que hai unha pequena confusión de deusas, porque a deusa cazadora era Artemis (a Diana romana), que precisamente non era das máis achegadas a Afrodita, posto que era unha deusa solitaria que non querÍa saber nada do amor. E se non, que llo pregunten ao cazador Acteón, ao que a deusa cazadora non dubidou en transformar nun cervo que devoraron os seus propios cans, encirrados por esta “Señora das Feras†(como lle gustaba chamala a Homero), só porque un dÍa ousou vela mentres se bañaba. Chegados a este punto, o meu trasno pillabán comeza a bufar e dime que me desvio moito do tema e que poucos son os textos literarios sobre o amor que estou recompilando. AsÍ que creo que vos deberÍa falar dun home que era un verdadeiro entendido en todo o referido ao amor e tamén á cultura grecolatina, o italiano nacido en Arezzo Francesco Petrarca (1304-1374), cuxos melancólicos poemas dedicados a Laura son o punto de partida da poesÍa renacentista europea. A Laura, unha dona casada da nobreza provenzal, parece ser que a coñeceu, segundo anotou, o dÍa 6 de abril de 1327 nunha igrexa de Avignon. Infelizmente, a amada Madonna Laura finou en 1348 vÍtima da Peste Negra. AquÍ tes un soneto de Petrarca, traducido polo poeta chairego DarÍo Xoán Cabana, no que xoga coas sÍlabas de Laura-Laureta:

Cando os suspiros a chamarvos mando
e o nome que no cór me puxo Amor,
comézase a sentir fóra o clamor
dos seus primeiros doces sons LAUdando;

despois, o voso RExio estado ollando,
redobro prá alta empresa o meu valor;
pero ¡TA!, berra a fin, que darlle honor
non é prós teus ombreiros peso brando.

Con esto a LAUde e REverencia anima
o mesmo nome cando outrén vos chama,
ouh digna de honra e reverencia nosa:

pero tal vez Apolo non estima
que a falar da súa sempre verde rama
veña lingua mortTAl presuntuosa.

Pobre amada de Petrarca! En fin, para rematar Ímonos atrever cunha definición do amor... Realmente quen se atreve é Lope de Vega (1562-1635), home que certamente segundo demostra no último terceto deste poema andaba algo desenganado con este.

Desmayarse, atreverse, estar furioso,
áspero, tierno, liberal, esquivo,
alentado, mortal, difunto, vivo,
leal, traidor, cobarde y animoso;

no hallar fuera del bien centro y reposo,
mostrarse alegre, triste, humilde, altivo,
enojado, valiente, fugitivo,
satisfecho, ofendido, receloso;

huir el rostro al claro desengaño,
beber veneno por licor süave,
olvidar el provecho, amar el daño;

creer que un cielo en un infierno cabe,
dar la vida y el alma a un desengaño:
esto es amor: quien lo probó lo sabe.

Se queres saber máis, xa sabes que na biblioteca agardamos!


Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft