::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
datas exames de recuperación
Física e Química / mércores 21 de febreiro do 2007
 

Lémbrase que ao longo da próxima semana se levarán a cabo as probas de recuperación da materia de FÍsica e QuÍmica en 3º e 4º de ESO. Martes 27: 3ºESO grupo A. Mércores 28: 4º ESO e 3º PDC. Venres 2 de marzo: 3º ESO grupo B.

Os contidos dos exames serán os seguintes:

3º ESO:
 O que teña que ir con TODO: método cientÍfico, factores de conversión, representacións gráficas, concentración de disolucións, estados de agregación da materia, solubilidade.
 O que teña que ir co primeiro parcial: método cientÍfico, factores de conversión, representacións gráficas, concentración de disolucións.

3º PDC:método cientÍfico, factores de conversión, representacións gráficas, concentración de disolucións, estados de agregación da materia, solubilidade, o átomo e os seus compoñentes, etiquetado atómico, sÍmbolos quÍmicos, o microscopio, a célula.

4º ESO:
 O que teña o 1º parcial: factores de conversión, estrutura atómica, interconversións entre moles, partÍculas e gramos, concentración de disolucións, configuración electrónica, formulación e nomenclatura, estequiometrÍa quÍmica básica.
 O que teña todo o curso pendente:factores de conversión, estrutura atómica, interconversións entre moles, partÍculas e gramos, concentración de disolucións, configuración electrónica, formulación e nomenclatura, cinética e enerxÍa nas reaccións quÍmicas, estequiometrÍa quÍmica avanzada.
 A única alumna co primeiro exame da 2ª avaliación suspenso terá que desenvolver 3 exercicios de estequiometrÍa quÍmica.


Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft