::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
O noso Plan Valora
O noso centro foi seleccionado para levar a cabo o Plan Valora. Presentamos eiquí os principáis puntos deste plan.
xestionweb / venres 23 de febreiro do 2007
 

Durante este últimos anos, desde o C.P.I. San Sadurniño, impulsáronse desde distintos Departamentos Didácticos, e en distintos niveis educativos, actividades complementarias e extraescolares, que de xeito directo ou de forma transversal incidÍan sobre as temáticas relacionadas coa Educación en Valores e para a Saúde e a adopción de hábitos saudables.

Somos conscientes de que o entorno determina o estilo de vida dunha persoa, por iso é necesario que éste promova saúde e ofreza oportunidades para que os rapaces opten por conductas beneficiosas para él e para os que o rodean. Queremos convencelos de que “Se melloro o meu centro, mellora o meu entorno, e se mellora o meu entorno, mellora a miña saúde†.

Nestes últimos anos, o profesorado e as propias familias, detectan entre @s rapaces/as unha tendencia á menor frecuencia de conductas saudables (como son a actividade fÍsica, a alimentación adecuada e nalgús casos a hixiene persoal), acompañadas dunha maior frecuencia de conductas de risco (sedentarismo, mala nutrición, consumo de drogas). Para solventar estes malos hábitos, impulsáronse desde o Centro numerosas e variadas actividades que, nos distintos niveis educativos e con boa acollida, intentan promover conductas comprometidas coa mellora da saúde (entendida segundo a OMS como un “estado de completo benestar fÍsico, mental e social†, e non só a ausencia de enfermidade) e minimizar as conductas de risco.

O interés da comunidade educativa está presente este ano con iniciativas, que ben poden enmarcarse dentro do Plan Valora, como son as medidas de modificación de conductas alimentarias e introducción dunha nutrición saudable desde o Comedor Escolar e as TitorÍas. A estrutura do Plan xirará principalmente entorno a tres ámbitos de actuación:
- incidir positivamente sobre factores actúan directamente sobre a saúde
- mellora do entorno máis inmediato e das relacións interpersoais
- mellora dos servizos, especialmente o do comedor e transporte

OS NOSOS OBXECTIVOS

a)Favorecer estilos de vida saudables, tanto fÍsica, psÍquica como socialmente, sempre desde unha óptica realista e positiva para o alumnado.

b)Implicar ó alumnado de xeito individual e ó seu entorno social e familiar na adopción de valores e actitudes saudables, proporcionándolles os coñecementos e habilidades indispensables para conseguilo.

c)Posibilitar e favorecer as relacións positivas entre todos os membros da comunidade educativa e co seu contorno.

d)Facer das instalacións do centro escolar e do entorno, e da páxina web do centro unha referencia na promoción da saúde (sendo o comedor escolar, as pistas deportivas e vestiarios e aulas os principais focos de atención).

e)Identificar e utilizar os recursos existentes na comunidade para desenvolver accións que promovan a saúde.

f)Utilizar os servizos de atención primaria de saúde e servizos sociais do concello como un recurso educativo que axude á comunidade a empregar adecuadamente o sistema de servizos sociais e sanitarios.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

Coa finalidade de abordar os ámbitos de actuación, márcanse uns obxectivos especÍficos: 1.- Melloramos a calidade de vida 1.1- Aprendemos a comer 1.2- Evitamos conductas de risco 1.3- Aprendemos a cuidar o corpo 1.4- Fomentamos a convivencia, o respecto e a cooperación 1.5- Valoramos alternativas de ocio saudables e respectuosas co medio 2.- Utilizamos e melloramos o uso dos recursos do entorno, fomentamos a participación activa. 2.1- Utilizamos os recursos do centro e do entorno. 2.2- Melloramos o noso centro, melloramos o noso entorno. 3.- Valoramos e melloramos os nosos servizos 3.1- Valoramos e melloramos o noso servizo de comedor 3.2- Melloramos o servicio de cafeterÍa

OS NOSOS CONTIDOS

A alimentación e a nutrición saudable. Os comedores escolares. A saúde bucodental. O exercicio fÍsico saudable e a hixiene corporal. A educación sexual e afectiva. Prevención de ETS. Anticoncepción. A prevención do consumo de drogas. Promoción da vida sen tabaco e sen alcohol.
-  A seguridade na escola e no traballo. Plans de emerxencia e primeiros auxilios.
-  A saúde mental. Trastornos alimentarios.


Se queredes ver o documento enteiro podedes descargalo:



Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft