::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
Sanidade inicia programa contra a obesidade infantil
Física e Química / luns 5 de marzo do 2007
 
Como saberás, no CPI de San Sadurniño, e dentro do Plan Valora, estamos a medir e pesar ós alumnos e alumnos do centro co obxectivo de facer unha estatÍstica e detectar casos alarmantes de falta ou exceso de peso, o cal implicarÍa a intervención sanitaria axeitada. Curiosamente La Voz de Galicia faise eco o pasado domingo 4 de marzo dunha nova moi relacionada: O ministerio de sanidade empeza un programa similar dentro do cal participa Galicia. Será interesante comprobar os resultados de ambos estudios, a pesar de que hai que ser conscientes que o noso non ten, nin busca ter, o mesmo grao de exactitude na toma de datos. So pretendemos chegar a uns niveis o suficientemente aceptables como para poder extraer conclusións xerais. Bótalle unha ollada a este artigo que atoparás no arquivo adxunto.

La voz 4-3-2007 obesidade infantil

Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft