::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
en Galicia tamén se realiza investigación
Física e Química / mércores 7 de marzo do 2007
 
Como podedes comprobar no artigo publicado na Voz de Galicia do arquivo adxunto, en Galicia están un bo número de persoas investigando a gran nivel. É un traballo desagradecido porque son moitas as horas que precisa e moi poucas as veces que remata con final feliz. Neste caso parece a cousa vai por bo camiño. O Dpto de Q. Orgánica da Universidade de Santiago dirixido polo profesor Ricardo Alonso, e fundamentado en varios anónimos pero esforzados investigadores mozos que están realizando as súas tesinas e teses correspondentes, está sacando adiante un proxecto de sÍntese de dúas moléculas de grande interese polas súas potenciais propiedades anticancerÍxenas, a tetrodotoxina do peixe-globo e a pancratistatina do Narcissus X. Enhoraboa a todos; con investigacións como estas demóstrase que aquÍ hai mimbres para facer un bo cesto nisto da ciencia. Quen sabe se algún dÍa ti, inocente alumno da ESO, remates facendo algo asÍ...

química punteira

Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft