::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
Os escritores do mes. Marzo
Biblioteca / xoves 15 de marzo do 2007
 

Non sabemos se atoparemos no peirao as ‘follas evadidas/ do almanaque dos nosos soños’, pero si atoparemos en marzo moitos datas para lembrar: o DÍa Internacional da Muller Traballadora (8 de marzo), o DÍa Mundial da PoesÍa (21 de marzo), o inicio da primavera, o DÍa Mundial do Teatro (27 de marzo).. Que curiosa coincidencia a do dÍa da poesÍa e a do inicio da primavera!

Libre te quiero,
como arroyo que brinca
de peña en peña.
Pero no mÍa.

AGUSTÍN GARCÍA CALVO

As bágoas de Hécuba, a lanza de Heitor,
o trono de PrÍamo, o leito de Páris
afundirian-se na noite da morte. Segura,
calco con pé de marbre o pazo natal.

RICARDO CARBALLO CALERO

Después de cada guerra
alguien tiene que limpiar.
No se van a ordenar solas las cosas,
digo yo.

WISLAWA SZYMBORSKA

Atoparemos no peirán
as follas evadidas
do almanaque dos nosos soños.

MANUEL ANTONIO

DifÍcil escoller que lembrar, asÍ que optamos polas tres primeiras datas, dedicándolle esta sección marzal a tres poetas: Safo, Juana de Ibarbourou e Pura Vázquez.

Safo de Mitilene naceu arredor do 600 antes de C na illa de Lesbos, e foi considerada, xa na antigüidade, unha gran poeta, celebrada por Platón como a décima musa. Nun dos seus poemas fala das vodas de Héctor e Andrómaca. Este Hector, como seguramente xa saberás, era fillo de Priamo (rei de Troia) e morreu a mans de Aquiles “o dos pés lixeiros†, ao que matou posteriormente unha frecha que o feriu no calcañar, única parte vulnerable do seu corpo, xa que foi por el polo que o tivo que suxeitar súa nai para bañalo nas augas da lagoa Estixia para outorgarlle a inmortalidade. Por certo, se queres saber máis destes dous personaxes, atoparás na biblioteca a IlÍada de Homero e o libro Os heroes de Matilde De Cal e José Manuel Bértolo (terceiro tomo dunha obra dedicada a presentar as pegadas da mitoloxÍa clásica na arte e na literatura galega).

AquÍ tes un anaquiño de “Bodas de Héctor y Andrómaca†, na tradución que Carlos GarcÍa Gual fixo para AntologÍa de la poesÍa lÍrica griega, publicado por Alianza Editorial.

Todas las mujeres mayores gritaban “¡Eleleu!â€
Y todos los hombres con grandes gritos de gozo
invocaban a Peán, al Arquero, al dios de la lira,
y entonaban un himno a Andrómaca y a Hector divinos.

A poeta uruguaia de ascendencia galega Juana de Ibarbourou (seu pai naceu en Vilanova de Lourenzá ) gustáballe incluÍr nalgúns dos seus poemas, referencias á poesÍa clásica, como cando lle lembra, no poema “Rebelde†, a Caronte ( o barqueiro que segundo a mitoloxÍa grega transportaba as almas a través da lagoa Estixia) que será un escándalo na súa barca. Foi a poeta uruguaia, autora de poemas vitalistas, apaixonados e mesmo impetuosos, nos que aparece unha clara e manifesta sensualidade. Pero mellor que “nos fale†a súa poesÍa:

COMO LA PRIMAVERA

Como una ala negra tendÍ mis cabellos
Sobre tus rodillas.
Cerrando los ojos su olor aspiraste
Diciéndome luego:
-¿Duermes sobre piedras cubiertas de musgos?
¿Con ramas de sauces te atas las trenzas?
¿Tu almohada es de trébol? ¿Las tienes tan negras
Porque acaso en ellas exprimiste un zumo
Retinto y espeso de moras silvestres?
¡Que fresca y extraña fragancia te envuelve!
Hueles a arroyuelos a tierra y a selvas.
¿Que perfume usas? Y riendo te dije:
-¡Ninguno, ninguno!
Te amo y soy joven, huelo a primavera.
Este olor que sientes es de carne firme,
de mejillas claras y de sangre nueva.
¡Te quiero y soy joven, por eso es que tengo
Las mismas fragancias de la primavera!

JUANA DE IBARBOUROU, RaÍz salvaje

Despois de ler este poema, non consideramos gratuÍto afirmar que Juana, lectora de RosalÍa, seguramente non terÍa problemas en subscribir as seguintes palabras doutra lectora rosaliana, a poeta Pura Vázquez ( Ourense, 1918-2006): “Acúsome de sentir un acendrado panteÍsmo e de vivir i escribir en plenitude con todo, en clamor con todas as cousas, grandes ou pequenas†.

E fixádevos, que outra coincidencia máis curiosa: Pura Vázquez, ao igual que o pai de Juana foi emigrante, vivindo en Venezuela dende 1955 ata 1967.

Chegas de caladiño. Pola orela
dunha ausencia espellada en longos dÍas.
Camiño que me perde en lonxanÍas.
Mar que medra na noite e me desvela.

Pola banda do vento hai unha vela
aeronave de arelas largacÍas,
e é unha sombra que trae melancolÍas
e nos ollos me pon ponlas de estrela.

Chégasme paseniño, de calado.
Tórnasme froito, aziña, herba, espellado
discorrer de augas mornas, agarimo

de corazón e ráfega orballada...
Chégasme fonte, folla trasfegada,
sorriso, bágoa, amor, dozura, mimo.

PURA VÁZQUEZ, A saudade e outros poemas


Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft