AquÍ tedes un exemplo de cómo se empregan en ocasións algúns termos cientÍficos. ¿Que é iso dun gas lÍquido? ¿Coñecedes algún sólido lÍquido? ¿E algún gas sólido?. Xa sabedes que a meirande parte das substancias poden atoparse en calquera dos tres principais estados de agregación, dependendo das condicións de presión e temperatura que soporte, pero ao mesmo tempo só existen en condicións crÍticas, e este non é o caso. Analizando o texto da noticia pódese intuÍr que toman o termo de gas porque se refiren a metano e etano, compostos orgánicos que, efectivamente son gases nas condicións habituais no planeta Terra. Sen embargo en Titán acádanse temperaturas moi baixas, o suficiente para licuar eses gases e formar grandes masas lÍquidas. HaberÍa que ser un pouco máis coidadosos á hora de empregar a terminoloxÍa cientÍfica. Será que isto da cultura cientÍfica non é moi popular...
gas-líquido
Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft