::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
A enerxía nuclear como seria alternativa
Física e Química / domingo 1 de abril do 2007
 
Despois de moitos anos condenada ao ostracismo parece que as institucións e ata as organizacións ecoloxistas empezan a darse conta dos beneficios da enerxía nuclear. A menos dun mes de cumprirse 21 anos da traxedia de Chernobyl, que parecía ter condenada esta fonte de enerxía para sempre, pódese ler esta nova na Voz de Galicia. A súa producción cero de gases de efecto invernadoiro, as medidas de seguridade extremas que soporta, o seu rendemento enerxético...son razóns máis que suficientes para apostar pola enerxía nuclear. O mundo parece estar dándose conta e claro, como ao final todo conleva razóns económicas, xa vedes como se está poñendo o prezo do Uranio, materia prima desta fonte...polas nubes. Claro, se hai negocio... de tódoloss xeitos lembra que o Uranio que se pode romper e dar lugar a esa liberación tan brutal de enerxía é o isótopo 235. O uranio do que se está a falar é o que existe no mineral que se atopa na natureza, normalmente óxido de uranio (U3O8) no que abunda máis outro isótopo deste elemento, o U-238. De isótopo 235 non hai máis dun 0,7%. Pero para que se produza a fisión nuclear e se manteña por sí soa, hai que "enriquecer" a mostra, é dicir aumentar a proporción de U-235 na mostra ata un 3% polo menos. E isto precisa de técnicas que non están ao alcance de tódolos países... afortunadamente. Desde o CPI de San Sadurniño apostamos pola enerxía nuclear de fisión. E pola de fusión se a houbera...pero iso é outra historia. Esperamos que axiña o proxecto ITER proporcione resultados prácticos.

prezo do uranio polas nubes

Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft