::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
VISITA O COLEXIO UN POETA
Xefatura de Estudios Infantil e Primaria / luns 2 de abril do 2007
 
O día 28 de marzo visitounos Antonio García Teijeiro, un poeta nado en Vigo que exerce a critica como especialista en literatura infantil nos xornais e revistas máis importantes de Galicia. Polo libro "Cacarabín, Cacarabón" foi considerado pola Fundación Germán Sánchez Rúperez entre os cen mellores poetas do século pasado. Aos nenos de educación infantil e 1º ciclo de primaria contoulles varios contos. Aos nenos de 2º e 3º ciclo de primaria faloulles da poesía, de como elaboraba os seus textos, na libreta como corrixía dunha forma lúdica e didáctica á vez. O grupo de teatro do centro cultural formado por nenos do colexio representaron a obra " Aires Sonoros" do autor. A continuación podedes ver fotos do encontro co poeta.

Anabel presentando
Ensinando o rabo
O poeta lendo
Falando cos nenos
O autor e Honorato
Carolina acariña o rato
Carmen observa o rato
Manuel mima o rato
Os nenos recitando
Carlos recitando
Mostrando o seu caderno de traballo

Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft