::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
RECTIFICACIÓN SOBRE A ENERXÍA NUCLEAR COMO ALTERNATIVA
Física e Química / xoves 5 de abril do 2007
 
Os que visitades a miudo esta páxina web puidestes comprobar que o debate está vivo e temas como a enerxía nuclear incitan a tomar posicións. Desde o departamento de Física e Química quérese facer una rectificación pública: no artigo sobre a subida de precio do Uranio dicíase que desde o CPI San Sadurniño apostábase pola enerxía nuclear. Rápidamente desde o departamento de plástica se prantexou o outro punto de vista no futuro enerxético mundial para deixar claro que esta non era unha postura xeralizada no centro. Polo tanto que quede claro que o sí a favor da enerxía nuclear é unha proposta feita única e exclusivamente desde o Dpto de Física e Química do CPI San Sadurniño. Asemade desde o mesmo Dpto nos congratulamos deste intercambio de pareceres que non fai máis que fortalecer a pluralidade de ideas e a fe no debate.

Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft