::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
Os blogs do CPI San Sadurniño nun artigo da Voz de Galicia
xestionweb / mércores 11 de abril do 2007
 

O traballo realizado polos alumnos de e de Primaria nos seus blogs, aparece na sección "La voz de la Escuela" do diario "La voz de Galicia", e ven a contar o seguinte:

Un caderno con apuntes persoais e informacións relativas ao concello

“Outro dos centros animados a participar no certame de Mellor Periodista Infantil é o CPI San Sadurniño, que ten así mesmo o seu blog dispoñible na páxina de Prensa-Escuela. Os alumnos de sexto de primaria apuntan nel, entre outras cousas, informacións relativas ao concello, acontecementos deportivos ou, por exemplo, o recordo da visita que o debuxante Anxo Fariña fi xo ao colexio. O caderno inclúe ademais comentarios singulares acerca do entroido (lemos: «Es un fastidio ir de chica. El pelo largo que se mete por las orejas y la boca») e algunhas impresións que amosan o entusiasmo dos alumnos pola súa participación no programa Escuelas Viajeras, que os levará a terras estremeñas entre o 17 e o 23 de abril para descubrir Cáceres en compañía doutros estudantes de Ceuta e Almería. «A mí la excusión a Cáceres me encanta porque vamos mis compañeros y yo, y además vamos a conocer sitios distintos. Pero, claro, mis amigas están impacientes por que llegue el día y ya están planeando dónde vamos a dormir unas con otras y yo ya les digo que cuando llegue el día ya nos arreglaremos», escribe Jessica ao respecto. As estudantes Sara García e Alba Riveira inclúen tamén no blog comentarios sobre a esperada excursión. Coñecer palabras novas O CPI San Sadurniño participa en Prensa-Ecuela dende que arrincou o programa. A profesora Emilia García afi rma que, grazas a el, «o periódico converteuse en algo familiar para os rapaces. Os estudantes acostumáronse a ler todos os días polo menos a portada e a reparar nas noticias». Segundo a mestra, aos seus alumnos as que máis lles chaman a atención son as de sucesos, as que tratan sobre medio ambiente e natureza e as da sección de deportes. «Todos os días comentamos unha noticia no colexio. Este exercicio de seguir o xornal permítelles a eles afacerse con novas palabras. Pasounos, por exemplo, co caso das opas na sección de Economía», relata. Ademais de exercer a interactividade a través da Rede, intercambiando comentarios cos alumnos doutros centros que teñen o seu caderno dixital entre os blogs de Prensa-Escuela ou facendo uso dos recursos da web http: //www.prensaescuela.es, como as seccións Pregunta a un científi co e Pregunta a un periodista, os estudantes do San Sadurniño aprenden materias como, por exemplo, Lingua ou Xeografía co apoio das páxinas do xornal. Aquí conclúe a reportaxe, que non dá para amosar todo o traballo que os institutos de Elviña e As Bizocas, e mais os colexios Bembibre e San Sadurniño desenvolven nas súas aulas e mesmo fóra delas, poñendo de manifesto que a relación entre a prensa e a escola é unha relación que funciona. Sen dúbida.”

Para os interesados en leer un pouco máis eiquí tedes o artigo enteiro.



Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft