::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
¿Máis centrais nucleares en España?
Física e Química / mércores 11 de abril do 2007
 
Seguimos alimentando o debate de actualidade na web do centro sobre a enerxía nuclear con esta nova que recolle La Voz de Galicia. Nela exponse unha opinión de Antonio González sobre a previsión de instalar en España 10 novas centrais nucleares duns 1000 MW antes do 2030. A opinión evidentemente é tendenciosa, porque Antonio González é presidente do Foro da Industria Nuclear Española, co cal queda de manifesto cal é a súa posición a este respecto. Sen embargo é innegable que o problema do cambio climático-efecto invernadoiro-acumulación de CO2 na atmosfera está empezando a preocupar ás nacións. Estanse a manexar distintas posibilidades para reducir este fenómeno e unha delas é apostar pola enerxía nuclear, con emisión nula de dióxido de carbono (aínda que podería traer outros relacionados co tratamento dos seus refugallos). En España este tipo de fonte de enerxía aporta so un 20% do total da produción, mentres que en países como Francia o 78%. Alemaña e Reino Unido están sobre o 30 e o 20% respectivamente, pero están a desmantelar moitas unidades. A negociación está no aire e pode que dentro de poucos anos vexamos por España máis centrais nucleares...

máis centrais nucleares

Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft