::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
Estudo dunha parroquia: Pedroso
Datos básicos dunha parroquia
Xeografía e Historia / xoves 24 de maio do 2007
 
Artigo feito polos alumnos de 2ºESO: Olalla García, Aitor Pico e David Durán

ESTUDO DA PARROQUIA DE PEDROSO

A nosa parroquia é Pedroso que ten aproximadamente 789 habitantes dos cales 414 son mulleres e 375 son homes. O noso concello é o de Narón no que hai 35.000 habitantes e ocupa unha extensión de 66,2 km, e que está distribuida en 13 parroquias: Pedroso, Doso, Sedes, Castro, O Val, San Xulián de Narón, San Mateo, Piñeiros, O Alto, Santa Icía, O Couto, A Gándara e Xubia.

MEDIO FÍSICO:

Pedroso está asentada no val do rio Xubia e protexida polo norte por montes entre os que destaca o alto da Pereiruga. Polo medio do val pasa o río Xubia na súa beira está o muiño de Bazón que está moi ben preparado para o lecer con: Mesas, barbacoas, fontes, bancos, un parque, unhas casetas; no muiño podese cocer o pan, e tamen hai exposicións, e pode verse como se moe trigo, mainzo, etc. O ano pasado montaron un bar con varios bungalos para poder quedarse neles xunto cunha zona que se adica a zona de acampada, no verán celebrase un festival da mocidade e hai campamentos para nenos da zona urbana . Río abaixo tamen hai varios muiños como o muiño de Gradaille que está sendo reabilitado actualmente. Hai en Pedroso moitos regatos que antes aproveitabanse para lavadoiros e que agora están case todos están sen coidar.

PRINCIPAIS VÍAS DE COMUNICACIÓN:

Estación de tren: Feve: Ferrol - Ortigueira, Ribadeo…. Carretera: San Sadurniño ata a Carreira. Autovia A-64- Ferrol- Vilalba.

PRINCIPAIS NÚCLEOS DE POBOACIÓN:

Faxín, Cotelo, A Pallota, Vacariza, O Carballo, O Río Vello, Catasol, Bazón, Pereiruga, As Congostras, O Río do Couto, A Marola, O Castro, O Pozo, O Mosteiro, A Corredoira….

PARROQUIA ADICADA: San Salvador e a Romería da O.

PATRÓN: San Salvador o 6 e 7 de Agosto, Romería da O o 2º Domingo de Maio.

ROMERÍAS: Romeria da O ( O verdadeiro día) o 18 de Decembro.

EQUIPAMENTOS:

Temos unha farmacia, centro médico, unha escola infantil e de primaria donde se pode cursar ata 2ºde Educación Primaria, unha pista deportiva, un campo para adestramento de avións teledirixidos, un local da terceira idade e unha asociación cultural chamada “A Pombiña”.

ECONOMIA:

No sector primario: é un sector que agora non ten a puxanza de anos atras, hai dúas granxas de galiñas, algunha explotación pequena de vacas e a maioria da xente ten unha ou dúas como máximo para consumo propio. Moitos dos campos antes productivos están sen cuidar e pouco explotados. No sector secundario: Actualmente non hai moita actividade xa que a poboación en idade de traballar desplazase a industrias do polígono Río do Pozo en Narón ou a industrias dos concellos como Ferrol, Fene ou as Pontes. No sector terciario: Hai un supermercado e pequenas tendas de comestibles, asi como algunhos bares. Tamén vos podemos contar que cerca da Presa do Rei houbo unha piscifactoria, que agora xa non existe.

PATRIMONIO HISTÓRICO E ETNOGRÁFICO:

En Pedroso dise que detrás do campo de fútbol que houbo un castro. En Arquitectura civil: Temos muiños, pontes, fontes e lavadoiros. En Arquitectura relixiosa: Temos unha igrexa a de San Salvador, unha capela a de la O, un cruceiro que está enfronte da igrexa de San Salvador.

AREAS DE PATRIMONIO NATURAL:

En Pedroso estamos rodeados por montes que unha parte deles están sen cuidar e a outra parte cortaronlle a madeira. Tamén abundan os regatos que a maior parte deles están en campos descuidados. Temos moitas fincas de eucaliptos como por exemplo: “Na leira grande”, temos salgueiros nas regas do río Couto…; Tamén había un carballo grande que caeu co ventoe un castiñeiro detras da cooperativa que foi cortado fai anos.

ENDEREZOS DE INTERESE:

Café Bar René onde se pode disfrutar dos campeonatos de billar. Hamburguesería, Café Bar Pueblo onde podes comer unhas boas hamburguesas. Café Bar Cuco onde podes disfrutar de partidas de cartas e tomar un bo viño. Tamén podemos disfrutar dun supermercado “Onda” con carnicería, charcutería, frutería, ferretería,e de máis productos.

Este traballo está feito por: Olalla García, Aitor Pico, David Durán.


Igrexa de San Salvador
Cruceiro
Campanario barroco
Colexio
Consultorio médico
Estación FEVE
Centro da Terceira Idade
Centro cultural A Pombiña
A Pombiña
Parque infantil
Fonte do Carballo
Cantina do muiño
Casa de pedra
Lavadoiro
Regato
Canal do muiño
Capela da O

Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft