::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
UN ALMORZO SAUDABLE NA ESCOLA
Infantil / martes 24 de abril do 2007
 

O venres 20 de abril os nenos/as de educación infantil, axudados polas mestras e algunhas nais, preparamos un almorzo saudable dentro das actividades do PLAN VALORA .

O obxetivo desta experiencia era que os nenos/as tomen conciencia da importancia de comeza-lo día cun bo almorzo e que alimentos deben formar parte del.

Esta actividade comeza uns días antes cun rexistro do que os pequenos/as almorzan nas súas casas.

Posteriormente, na aula, analizamo-los alimentos máis frecuentes no almorzo e anotámolos nun rexistro xeral da clase. A continuación, a través dunha historia introducimo-los alimentos máis axeitados e identificamos os que non estaban na nosa dieta.

Como remate da actividade almorzamos na escola:

- Exprimimo-las laranxas para facer o zume.
- Untamo-la mantequilla no pan.
- Preparámolo leite co colacao.
- e por último repartimo-los cereais.

Cando todo estivo preparado ......almorzamos.

Agradecemos a axuda prestada das mamás que viñeron colaborar.


Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft