::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
Rota das Rías Baixas. 2º ESO
Xeografía e Historia / xoves 24 de maio do 2007
 
Os días 25 e 26 de abril de 2007 os alumnos de 2º ESO acompañados de tres profesores ( Crisanto Poveda, Mar Gutiérrez e Clara Goás), realizaron unha saída de dous dias polas Rías Baixas. O primeiro día desplazaronse en autobús de Autos Paco a cidade de Pontevedra, onde realizaron unha visita pola cidade, visitando as igrexas da Peregrina, Santa María dos Mareantes e San Bartolomeu, logo visitaron o Museo provincial de Pontevedra, acompañados por unha guía, parandose especialmente nas salas de orfebrería, sala de Méndez Núñez e a sala de Castelao. Pola tarde foron pola marxe sur da ría de Pontevedra ás vilas de Marín e Bueu para coñecer o Museo Massó de Bueu sobre as artes tradicionais de pesca e conserva de pescado, así como visitalo porto e a lonxa que empezaba a funcionar pola tarde. Ás seis da tarde regresamos a Santiago para pernoctar no Monte do Gozo. O día 26 de abril iniciámolo percorrido en Rianxo onde paseamos pola vila parandonos especialmente na rúa onde viviron Rafael Dieste e Daniel A. Castelao, logo tomamos dirección a Ribeira para visitalo parque dunar de Corrubedo, onde fixemos un itinerario polo parque e asistimos a proxección dun vídeo da formación do mesmo e percorremos o museo interactivo sobre o parque e a comarca do Barbanza. Despois de xantar no lugar de Valverde en Corrubedo tomamola estrada dirección a Noia para visitalo castro de Baroña, pasar por Porto do Son e chegar a vila medieval de Noia, alí fixemos unha visita a igrexa de Santa María a Nova para ver as laudas gremiais ,a igrexa románica de San Martiño e a rúa Cega onde atopase a casa natal de María Mariño, poeta homenaxeada nas Letras Galegas de 2007, onde os alumos/as realizaron un recitado de poemas na porta da casa onde viviu en Noia. Dende Noia tomamola dirección de Santiago para chegar a San Sadurniño as oito e media da tarde. Adxuntamos algunhas das fotos mais representativa do percorrido, espero que os guste.

A Peregrina
Museo Prov.
San Francisco
Rianxo
Porto de Bueu
Corrubedo
Valverde
Castro de Baroña
San Martiño
Rúa Cega

Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft