::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
Proxectoterra:Ferrol
Xeografía e Historia / mércores 16 de maio do 2007
 
Os alumnos de 2º e 3º de ESO do CPI de San Sadurniño acompañados por catro profesores fixeron un percorrido pola cidade de Ferrol para visitar distintas rúas e edificios singulares de estilo modernista como : A Casa Romero , o Casino Ferrolán onde admiramos as pinturas murais de Bello Piñeiro, Hotel Suizo, Banco de Santander, Casa Rodríguez Trigo, Casa Acevedo, etc. Moitas realizadas polo arquitecto municipal Rodolfo Ucha Piñeiro. Ás 12 h da mañá despois de facer unha visita a Praza de Amboaxe e os xardíns de Herrera , nos dividimos en tres grupos para visitala Aula de Ecoloxía urbana, o parque Acuaciencia eo Museo da Natureza. Ás 14,30 h despois de xantar no porto de Curruxeiras embarcamonos no barco Rías Altas Dous, para facer un percorrido pola antiga empresa nacional Bazán , hoxe Navantia, pasar cerca da ponte das Pías, Navantia Fene , portos de Maniños, O Seixo e Mugardos onde fixemos unha breve parada. Logo continuamola viaxe pasando cerca do castelo da Palma, e acercamonos a velo porto exterior e o castelo de San Felipe onde fixemos un percorrido cunha guía do concello de Ferrol ( Diana, antiga alumna do colexio de San Sadurniño) que nos explicou as distintas partes do castelo. Ás 17 h regresamos o porto de Curruxeiras onde nos esperaba o autobús para regresar o colexio en San sadurniño. A viaxe foi moi positiva par os alumnos xa que a parte dos lugares que visitamos o día foi espledido e poideron disfrutar do paseo no barco pola ría. Adxuntamos algunhas fotografias do percorrido.

Praza de Armas
Casa Acevedo
Murais Bello Piñeiro
Casa Banco Santander
Banco da Coruña
Xardíns de Herrera
Casa do parque
Acuaciencia
Paseo pola ría
Reganosa
Petroleiro
Castelo da Palma
Castelo de San Felipe
San Felipe
Barco Rias Altas 2

Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft