::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
Escritor do mes. Maio
María Mariño Carou
Biblioteca / domingo 13 de maio do 2007
 

En efecto, Noia é unha vila moi antiga, e moi fermosa tamén. Antes de se construír, existía xa a fortaleza do Tapal, que defendía á vila pola banda do mar. Está chea de rueliñas e prazas, nas que se atopan gratos recantos. Aquí e alí, esparexidas polo recinto urbano, hai históricas e artísticas edificacións.

FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO, Galicia

Son aquela mañanciña,
entre orballo das rosas,
entre area de sendeiros,
onde atopaba a campana.

MARÍA MARIÑO, Palabra no tempo

A vida de María non transcorrería só á beira do mar, posto que os últimos vinte anos da súa vida pasounos nas esgrevias e fragosas terras courelás. Del Riego, esta vez asinando como Salvador Lorenzana, lembra estas terras no seguinte texto pertencente ao limiar que escribiu para o libro Á lus do candil de Ánxel Fole, ambientado nestas terras.

A bisbarra do Caurel, rexa, penedosa, aspra, amosa unha beleza baril. Nas súas fragas e devesas dánse unha fauna e unha frola típicas. Por riba da serra nos altos cumios de Pía Páxaro, de Montouto, de Golada, aínda se alvisca o voo das aguias. I embaixo, nos seos fragosos, síntese a miúdo o ouvear do lobo.

Aínda que, que evocación máis fermosa e breve que o poema de Uxío Novoneyra?

COUREL dos tesos cume que ollan de lonxe!
Eiquí síntese ben o pouco que é un home..

María Mariño finou en 1967

Para todos a morte ten un ollar.

C. PAVESE

Se queres ler algún poema de María Mariño, pásate pola biblioteca ou preme aquí.


Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft