::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
VIAXE A MADRID
Os alumnos de 3º de ESO pasan 3 días en Madrid
Física e Química / luns 14 de maio do 2007
 
Os alumnos de 3º de ESO do CPI de San Sadurniño compartiron excursión a Madrid cos de 3º e 4º de ESO do CPI Doutor Daniel Monje de Navia de Suarna, en Lugo. Parece que fixeron boas migas. Foron tres días nos que visitaron o museo do Prado e o de cera, asistiron á proxección dunha película en formato omnimax (El misterio del Nilo), deron unha volta polo Madrid dos Austrias cunha guía que lles ía explicando todo, puideron comprobar a forza da posta en escena do musical “We will rock you” baseado no grupo musical Queen e, quizais o máis esperado, pasaron un día no parque temático da Warner Bros. O aloxamento, nun camping de primeira categoría situado nunha paraxe do mais espectacular, en San Lorenzo del Escorial, preto da Serra do Guadarrama. En definitiva, unha viaxe intensa, na que máis dun atopou algún motivo para pasalo ben... Os profesores responsábeis do grupo felicitamos a todos polo seu comportamento xeral. Por suposto hai excepcións pero non moi salientábeis.

foto de grupo en Madrid

Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft