::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
AMENUCRÓSTICOS E CANTIGAS DE BEN COMER
Lingua Galega / mércores 23 de maio do 2007
 

A fantasía, a dieta equilibrada e o sentido do humor son fundamentais, na nosa opinión, para a saúde, por iso en 3º de ESO decidimos escribir acrósticos e cantigas de ben comer cos pratos do menú do mes de abril. Para entendernos mellor, velaquí tes as nosas cinco normas fundamentais:

  1. Gozarás da lingua.
  2. Lerás e respectarás ao teu compañeiro/a.
  3. Utilizarás a escrita para rir, amar, cantar, saudar, confiar, respectar, soñar, bailar, cociñar, agarimar, estudar, gozar...
  4. Revisarás e revisarás ata case non errar.
  5. Crearás e recrearás textos sen dubidar.

Sorrindo
Os vellos
Pensamentos
Antes

Da
Época azul.

Fidedignas
Ideas
De tempos
Escuros.
Os bos tempos
Sorrintes.

Iván, Pedro e Rubén

Caldiño quente
Amencer frío.
Lume na palleira
De noite fría.
Ensalada de tomate
Iogur frío
Rosquiñas quentes.
Ameixas
Do mar
Alimento.

Alexandre, Almudena, Noelia e Leticia

E Luis encargado
No noso comedor.
Saudable comida
Agora temos que tomar
Lentellas guisadas
Arroz á cubana
Dannos
A probar

Marta e Leticia

Peixe con patacas
Estabamos a comer
Sen moito correr.
Cunha copa de auga de mar
Andamos a navegar.
Dende que o peixe morrera
O sol ceaba xa.

Cristian, David, Iria e Esteban

Porque
É malo
Sempre
Comer
Albóndigas
De
Ovos.

Diego, Héctor e Verónica

Fai o que che pete,
Rapea coma a xente,
Odia sen rancor,
Imita ao teu amor.
Todo con valor.
Ama sen dor.

Paloma e Yolanda

Ondas do mar de Vigo,
se sabedes que comín espárragos?
Ai, Deus, que comerei mañá!

Ondas do mar levado,
se sabedes que comín pescado?
Ai, Deus, que comerei mañá!

Diego, Tamara e Silvia

Ondas do mar de Vigo,
se vistes que comín musliños?
E ai, que ben me fixeron!

Ondas do mar levado,
se vistes que comín carne de porco?
E ai, que ben me fixeron!

Adrián, Francisco, Sandra e Julián

Ondas do mar de Vigo,
comín torta de figo.
E ai carafio como quedei!

Ondas do mar levado,
comín onte pescado.
E ai carafio como quedei!

Fernando e Xacobe

Ondas do mar de Vigo,
se sabedes que comín musliños de mar.
E ai Deus, come cedo!

Ondas do mar levado,
se comestes sopa de porros
E ai Deus, come cedo!

Brais, Daniel e Verónica


Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft