::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
Estudo dunha parroquia: Abade
Xeografía e Historia / venres 8 de xuño do 2007
 

C. P. I. SAN SADURNIÑO

NOMES: Tamara García, Diego González, José López.

ESTUDIO DA PARROQUIA

PARROQUIA: ABADE

EXTENSIÓN:

Dieciséis áreas e ochenta centiáreas.

Nº HABITANTES:

339 habitantes (172 mulleres e 169 homes).

DENSIDADE: datos por actualizar

1º SITUACIÓN: Norte: Cerdido Sur: Labacengos Leste: A Barqueira e Labacengos Oeste: San Xoán e Bardaos

MEDIO FÍSICO:

Ríos e regatos: Hai un río en Cabanela e moitos regatos pequenos

Montañas: Temos unha parte do Cotagudo.

PRINCIPAIS VÍAS DE COMUNICACIÓN:

Estrada Ferrol – Viveiro AC-862

PRINCIPAIS NÚCLEOS DE POBOACIÓN:

Abad, Canosa, Casanova, Coto, Finlle, Fontepécora, Gundiao, Leboreiro, Leboriz, Louridos, Mil de Abaixo, Mil de Arriba, Monte, Peneiro, Seixo, Trieiro, Valdixe, Vilariño, Xanfero.

PARROQUIA ADICADA: A Santiago

PATRÓN: 25 de Xullo adicado a Santiago

ROMERÍAS: Non hai

2º EQUIPAMENTOS:

Eido cívico-social: Están facendo un ó lado das pistas de tennis. (Trieiro) Tamén hai unha casa cuartel en Vilariño (Abade)

Eido sanitario: Vaise ó centro médico de San Ramón de Moeche

Eido escolar: Antiga escola femenina (Trieiro) Antiga escola masculina (Mil de Abaixo)

Eido deportivo: Pistas e cursos de tennis (Trieiro)

Movemento asociativo: Recentemente inaugurouse un local social para as parroquias de Abade e Labacengos.

3º ECONOMÍA:

Sector primario: En cada casa normalmente hai gando para o propio consumo, existen tamén tres granxas de gando vacún de producción leiteira. Tamén cada casa cultiva hortalizas para o propio consumo (patacas, tomates, leitugas, xudías...)

Sector secundario: Os montes maioritariamente están adicados a planta e tala de eucalipto para aserradoiros da comarca

Sector terciario: No lugar de Trieiro hai unha casa de turismo rural. Tamén hai unha fábrica de productos lácteos adicada maioritariamente ó queixo “Lacteos Moeche” dúas empresas de construcción, dúas carpintarías, unha mamolaría, hai dúas tendas de ultramarinos, un bar e unha panadaría en Vilariño.

4º PATRIMONIO HISTÓRICO E ETNOGRÁFICO:

Castros e Mámoas: Hai o resto dun muro dun castro arredor da Igrexa de Abade (Mil de Abaixo)

Arquitectura civil: Casas rurais – Aberta ó público actualmente. (Trieiro) Pazos – Non hai Muiños – Non hai Pontes – Hai unha en Mil de Abaixo (separa Abade e Balocos)

Arquitectura relixiosa: Igrexas – Unha en Mil de Abaixo e tamén co seu cemiterio parroquial. Capelas - Non hai Cruceiros - Non hai 5º ÁREAS DE PATRIMONIO NATURAL

Ribeiras: non hai posto que non hai ríos importantes.

Lagoas: non hai ningunha.

Árbores centenarias:Hai unha ó lado da Igrexa ( Mil de Abaixo) e outra no lugar de Canosa.

Bosques: Queda algunha fraga con carballos e castiñeiros.

Montes: Adicados á planta e á corta de eucaliptos e tamén piñeiro aproveitando logo a súa madeira.

6º ENDEREZOS DE INTERESE:

Carpinterías e moblerías:

Mobles Perico (ctra. Ferrol - Ortigueira) (Mil de Abaixo - Abade) Carpintería Tronco S.C.L. (Abade) Carpintería Couce S.L (Finlle - Abade)

Marmolerías:

Mármoles Trieiro (Trieiro-Abade)

Outros:

Lácteos Moeche S.L. (Abade) Café Bar, Ultramarinos Toñito (Mil de Abaixo - Abade) Ultramarinos Casa Senra, Panadería Miguel (Leboriz - Abade) Construcciones Jorge de Abade (Cabanela – Abade)


árbore centenaria
casa turismo rural
fonte mil de abaixo
Igrexa Mil de abaixo
Marmolaria
Pistas de tenis
Vista dende Cabanela
lavadoiro
Estrada xeral

Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft