::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
Presentación de memorias de actividades TIC
Data límite o venres 22 de Xuño
xestionweb / martes 5 de xuño do 2007
 

O profesorado que participa nas TIC aportará unha pequena memoria das actividades realizadas para incorporar na memoria final do proxecto TIC.

Nela poderán incluír tódalas actividades realizadas ao longo do presente curso nas que se teñan empregado os recursos das novas tecnoloxías no proceso de ensino aprendizaxe.

  • Utilización de medios audiovisuais (vídeo, equipo de son, DVD...)
  • Realización e exposición de presentacións, vídeo e outros materiais mediante o ordenador e o proxector.
  • Realización de traballos en soporte informático e procura de información en internet.
  • Utilización de recursos didácticos multimedia (xogos e actividades, enciclopedias, etc) mediante o ordenador.
  • Inclusión de novas é información na páxina web do centro.
  • Realización de materiais didácticos en calquera formato dixital (Clic, webquest, html, ofimática)
  • Utilización de ferramentas informáticas específicas (debuxo e deseño, ciencias, música, linguas e idiomas, sociais, etc).
  • Actividades coa pizarra dixital
  • Calquera outra actividade relacionada coas TIC

A memoria se presentará en formato de documento de texto odt ou doc e nela se contemplarán os seguintes apartados:

  • Descrición das actividades
  • Obxectivos
  • Valoración dos resultados acadados

Lembra que a data límite é o 22 de Xuño

Podedes entregala persoalmente ou por correo electrónico ao coordinador do proxecto TIC ou enviala por correo electrónico ao enderezo do centro.


Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft