::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
ELABORACIÓN DUNHA WEBQUEST DE CONTIDOS AFECTIVO-SEXUAIS
Física e Química / mércores 13 de xuño do 2007
 

O dpto. de Física e Química elaborou unha webquest específica para os alumnos/as do programa de diversificación curricular de terceiro da ESO. Aproveitouse o concurso convocado pola consellería neste senso para levar a cabo o proxecto así como o feito de que no centro se estea a desenvolver o plan Valora. Pareceunos apropiado introducir aos rapaces nos conceptos básicos das relacións afectivas e sexuais, xa que se detectaron importantes deficiencias neste senso, ideas erróneas, falta de información sobre anticonceptivos, enfermidades de transmisión sexual, etc. Para impartir este tema, e como estímulo para atraer a atención do alumno, empregouse a ferramenta que actualmente lle resulta máis atractiva: o ordenador e a rede. O obxectivo era traballar o tema en formato webquest, é dicir, obter información sobre un tema a través duns recursos e direccións de internet, analizala, discriminala e extraer conclusións. A experiencia foi positiva pero o deseño da webquest podíase mellorar moito para que non resultase tan denso... Podedes ver como era na seguinte dirección

http://www.edu.xunta.es/contidos/educacion_afectivo_sexual/concursowq/webquest/soporte_tabbed_w.php?id_actividad=25&id_pagina=1

ou senón no arquivo adxunto


webquest afectivo sexual

Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft