::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
Destino excursión 4º ESO 2007-2008: TENERIFE
Física e Química / sábado 27 de outubro do 2007
 
Na reunión celebrada o pasado martes 23 de Outubro, decidiuse por ampla maioría (preto dun 90%) que o destino para a excursión fin de curso 2007-2008 fose...TENERIFE. O número de alumnos apuntados está sobre os 24. O prezo de saída rondará os 400 euros (ao que hai que sumar as excursións, entradas, transporte etc pola illa que eleva o prezo a uns 525 euros), aínda que para algúns será bastante menos, ou nada, pois a partir de agora comeza a venta de cupóns para o lote de Nadal, o surtido da Dama de Estepa, os bombóns, as camisetas...xa sabedes. En breve exporemos nesta web a foto do lote a sortear, que vai ser moi, moi interesante, xa veredes. E o día 14 de decembro o video do sorteo no que a nosa directora, Pilar Charlón, sacará a papeleta gañadora.

Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft