::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
VISITAMOS O MACUF E A CASA DOS PEIXES NA CORUÑA
Primaria / xoves 8 de novembro do 2007
 

Os alumnos/as de 1º e 2º ciclo de Primaria, acompañados dos seus titores foron de excursión á Coruña.

Visitamos o MACUF (Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa). O museo recolle nestas datas distintas exposicións de varios artistas coincidindo todos eles no uso de humor e da ironía ao mesmo tempo que tratan de analizar problemas sociais e culturais actuais.

No obradoiro traballamos cos sentidos; primeiro, os nenos privados do sentido da vista mediante antefaces, camiñaron libremente descalzos sobre distintas superficies, ao tempo e ao ritmo dunha coreografía improvisada.

A continuación, pasamos ao taller de papiroflexia, alí realizamos unha figura que semellaba unha estrela, unímola a un globo de helio e pasamos a unha sala contigua onde nunha cerimonia conxunta soltámolos todos á vez ao tempo que pensabamos un desexo.

Chegou a hora de xantar e, aproveitando o bo día comemos na terraza da Aquarium.

Empezámolo percorrido polo interior da “casa dos peixes” ollando as impresionantes fotografías dos diferentes peixes e animais mariños (raíña Batman, tartaruga boba, a morena ,...).

Descendemos ao Nautilus e, neste submarino de cristal puidemos por uns intres revivir o soño de Xulio Verne en “20 leguas de viaxe submarino”. Nadaban ao noso arredor peixes de 50 especies diferentes: aguias mariñas, rodaballos, ..., pero foi o tiburón toro (Gastón) e maila “tiburona” toro (Femosa) os que máis atencións recibiron por parte dos nenos/as.

Non podíamos marchar sen ver as “estrelas do acuario”: as focas. Saímos ao exterior e observamos como nadaban, xogaban e mesmo como se acercaban a nós e nos miraban.

De novo no recinto fomos visitar unha exposición sobre as perlas e os animais que as fabrican, e mesmo, nos ensinaron a diferenciar unha auténtica doutra que non o é.

Hoxe aprendemos moitas curiosidades e anécdotas destes animais que viven no fondo do mar.

JPG - 61.7 KB

JPG - 49.4 KB

JPG - 51.2 KB

JPG - 62.8 KB

JPG - 46.8 KB

JPG - 49.2 KB

JPG - 57.1 KB

JPG - 55 KB

JPG - 53.5 KB


Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft