Estamos a celebrar a semana da ciencia en toda a comunidade. Existen multitude de actos que así o conmemoran. Desde San sadurniño aportamos o noso grao de area levando a cabo unha exposición de libros de temática científica na biblioteca do centro. Matamos dous paxaros dun tiro porque a oferta literaria no centro neste tipo de libros era moi escasa. Adquirimos unha boa cantidade de exemplares sobre química, bioloxía, matemáticas, etc...algúns invitan a reflexionar sobre os porqués que nos prantexa a realidade, outros son novelas con argumentos baseados na ciencia e a súa forma de traballar, outros son máis divertidos, outros máis serios...en fin unha grande variedade para que, se che pica o "gusanillo" ese que che fai repetir unha e outra vez por qué, por qué, por qué...te poidas dar un bo atracón.
Grazas a Ramón pola búsqueda e adquisición dos mesmos e a Charo pola súa tarefa de catalogación e exposición na biblioteca.
Agora xa podedes achegarvos e deixarvos levar por algunha desas historias...xa veredes como a ciencia, ás veces (non sempre) non é tan aburrida.
foto 1
foto 2
foto 3
foto 4
foto 5
foto 6
foto 7
Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft