::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
VISITA AO PARQUE EÓLICO DE SOTAVENTO
Física e Química / xoves 15 de novembro do 2007
 
29 alumnos e alumnas de 3º de ESO pasaron o mércores 14 de novembro no parque eólico de Sotavento. Coas explicacións amenas e didácticas dos monitores do centro aprenderon un pouco máis sobre o aforro enerxético e pasaron un anaco divertido. Nas fotos podédelos ver no taller ou no muíño que visitaron...agora xa saben distinguir entre o consumo oculto e o consumo en espera dos aparellos eléctricos, o que custa poñer placas solares nas casas, como se pode conseguir mover un coche sen usar o petróleo, como aforrar na factura da luz empregando as bombillas axeitadas... Tamén lles tocou en sorte un pequeno discurso do director xeral de I+D da xunta de Galicia que coincidiu con nós na visita inaugurando a semana da ciencia que estamos a vivir en toda Galicia. Foi curot e nada pesado. Sempre está ben que as autoridades apoien este tipo de iniciativas...¡sempre que non se quede en simple política¡ A verdade é que os do parque téñeno moi ben organizado para rapaces desta idade. Felicidades e a seguir así.

atentos ás explicacións
cos políticos
no muíño
no taller
aprendendo a aforrar auga
a foto xeral do grupo

Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft