::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
os alumnos de 4ºPDC fan 2 tipos de volcáns
Física e Química / martes 20 de novembro do 2007
 
Aproveitando que estamos a ver os terremotos e volcáns no apartado de Bioloxía e Xeoloxía en PDC, a pasada semana sacamos os produtos axeitados ao patio e construimos dous tipos de volcáns artificiais. Un deles máis violento, o que lles gustou máis, no que o dicromato amónico laranxa se descompoñía ao quentalo en óxido de cromo verde. Moi espectacular. O máis tranquilo fixémolo facendo reaccionar o bicarbonato de sodio co ácido acético do vinagre. Para ver ben a erupción botámoslle un pouco de pimentón e fixemos que a "lava" caera por unha montaña de fariña...

1
2
3
4
5
6
7
8
9
violento-1
violento-2
violento-3
violento-4
violento-5
violento-6

Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft