::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
O DEPARTAMENTO
xestionweb / mércores 9 de novembro do 2005
 
O departamento de FÍsica e QuÍmica do CPI San Sadurniño é unipersoal: está composto, desde o curso 2006-2007, unicamente por D. Juan José GuillÍn Fraga. A docencia que lle compete a este Dpto. para este curso limÍtase á impartición da materia de FQ en dúas unidades de 3º de ESO e unha de 4º de ESO, asÍ como 4 horas de FÍsica, QuÍmica, BioloxÍa e Xeoloxia dentro do ámbito cientÍfico do Programa de Diversificación Curricular en 3º de ESO. Finalmente, impártese unha hora de atención a unha alumna de 3ºESO con Necesidades Educativas Especiais (falta de visión). Do curso pasado existen 5 alumnos coa FQ pendente de 3º de ESO. O Dpto. dispón dun laboratorio suficientemente equipado para levar a cabo nel diversas experiencias como complemento e reforzo das explicacións teóricas. Asemade, a incorporacións das TICs á docencia desta materia está asegurada pola participación do centro nun proxecto deste tipo, asÍ como pola existencia de recursos informáticos e audiovisuais suficientes para que os alumnos poidan traballar diferentes aplicacións informáticas interactivas, visitar unidades didácticas on-line, elaborar webquest, dispoñer de aparellos reprodutores de DVD, etc. Ao comezo deste curso académico tiveron lugar unha serie de modificacións no centro, a instancia da inspección educativa. Como consecuencia o horario correspondente ao xefe de Dpto. de FeQ viuse lixeiramente modificado, rexendo desde o mes de xaneiro o que aparece no documento adxunto.

horario 2006-2007

Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft