::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
OBXECTIVOS DE MÚSICA NA ESO
Música / mércores 28 de setembro do 2011
 

- Utilizar a voz, o corpo, obxectos, instrumentos e dispositivos electrónicos para expresar ideas e sentimentos, enriquecendo as propias posibilidades de comunicación e respectando outras formas distintas de expresión.
- Desenvolver e aplicar diversas habilidades e técnicas que posibiliten a creación, a interpretaciónvocal e a instrumental, o movemento e a danza, tanto de forma individual como en grupo.
- Escoitar unha ampla variedade de obras, de distintos estilos, xéneros, tendencias e culturas musicais, apreciando o seu valor como fonte de coñecemento, enriquecemento intercultural e gozo persoal, interesándose por ampliar e diversificar as preferencias musicais propias.
- Recoñecer as características de diferentes obras musicais como exemplos da creación artística e do patrimonio cultural, recoñecendo as súas intencións e funcións e aplicando a terminoloxía apropiada para describilas e valoralas criticamente.
- Utilizar de forma autónoma diversas fontes de información –medios audiovisuais, internet, textos, partituras e outros recursos gráficos- para o coñecemento e gozo da música.
- Coñecer e utilizar diferentes medios audiovisuais e tecnoloxías da información e da comunicación como recursos para a producción musical, valorando a súa contribución ás distintas actividades musicais e a aprendizaxe autónoma da música.
- Participar na organización e realización de actividades musicais desenvolvidas nos diferentes contextos, con respecto e disposición para superar estereotipos e prexuízos, tomando conciencia, como menbro dun grupo, do enriquecemento que se produce coas contribucións dos demais.
- Comprender e valorar as relacións entre a linguaxe musical e outras linguaxes e ámbitos de coñecemento, así como a función e o significado da música en diferentes producións artísticas e audiovisuais e nos medios de comunicación.
- Elaborar xuízos e criterios persoais, mediante unha análise crítica dos diferentes usos sociais da música, sexa cal sexa a súa orixe, aplicándoos con autonomía e iniciativa a situacións cotiás e valorando a contribución que a música pode facer á vida persoal e a da comunidade.
- Valorar o silencio e o son como fenómenos naturais e como elementos musicais, tomando conciencia da súa función como parte integral do ambiente e utilizando coñecementos da ecoloxía acústica para aproximarse a paisaxes sonoras de diferentes épocas e espazos para combater a polución sonora.

Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft