::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
Os alumnos de 4º ESO de ciencias visitan o CIT de Ferrol
Física e Química / xoves 29 de novembro do 2007
 
O pasado venres 23 de Novembro, 29 alumnos de ciencias de 4º de ESO do CPI de San Sadurniño, e dentro das actividades programadas na semana da ciencia, visitaron o Centro de Investigacións Tecnolóxicas (CIT) de Ferrol, no campus de Esteiro. Neste sitio tiveron a oportunidade de comprobar como traballa un laser industrial, como se analizan os combustibles procedentes do petróleo, como se fan pezas metálicas en tornos industriais, como funciona un microondas ou como se fabrican determinadas pezas de plástico. Foi, máis que nada, una oportunidade para ver que a ciencia está máis preto de nós do que pensamos. Tamén compartiron visita cos nosos alumnos, 6 rapaces de Catabois. Aí os tedes a todos nas fotos.

os de catabois
cos combustibles
no laboratorio de materiais
no laser
o grupo de sansa

Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft