::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
Ábrese planta de aproveitamento de hidróxeno en Sotavento
Física e Química / mércores 13 de febreiro do 2008
 
De novo o parque eólico de Sotavento da un paso máis e pon en marcha unha iniciativa da que xa nos falaron na visita que fixemos este ano ás súas instalacións. Agora, co excedente de enerxía eléctrica que ás veces ten a planta, pódese levar a cabo unha electrólise de auga que permite obter gas hidróxeno moi puro, que se pode almacenar en recipientes axeitados. Cando sexa necesario pódese someter este hidróxeno a unha combustión controlada que permite obter moita enerxía, xeralmente en forma de calor, que pode empregarse en quentar auga para un sistema de calefacción, por exemplo. Os nosos parabéns aos responsables do parque. Todo o que sexa aproveitar e reciclar fronte a despilfarrar sempre é de agradecer.

hidróxeno en sotavento

Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft