::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
¡AVISO PARA ALUMNOS DE 4º DE ESO¡
NOVOS PRAZOS PARA ADMISIÓN EN BACHARELATO
Dept. Orientación / xoves 28 de febreiro do 2008
 

Hoxe, 28 de febreiro , acaba de publicarse no Diario Oficial de Galicia, unha orde que modifica á do 17 de marzo de 2007, que anula os prazos de solicitude para cursar Bacharelato , de tal forma que xa non serán no mes de marzo , como estaba previsto. Este cambio obedece a que non está aínda publicada a normativa autonómica que regula estas ensinanzas e , polo tanto , non se coñece a oferta educativa nos centros, así como a regulación completa do Bacharelato LOE. ( tal como lles comentábamos na información anterior que lles enviamos desde este departamento)

En consecuencia, e exclusivamente para este curso académico 2008/09, e para as ensinanzas do bacharelato , os novos prazos serán:

•Prazo de presentación de solicitude: do 17 de xuño de 2008 ao 2 de xullo de 2008.

•Publicación das listaxes provisionais de admitidos e excluídos : con anterioridade ao 14 de xullo de 2008

•Prazo ordinario de formalización de matrícula : será do 15 ao 30 de xullo de 2008

Como sempre terémosvos informados/as puntualmente .


Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft